CONTACTO

  • bases belens
  • Avance audi2
  • MMOu
  • EdC
  • Axenda da Concellería de Cultura para esta semana

    Ourense, 25 de novembro de 2019.-
     
    A Concellería de Cultura do Concello de Ourense organiza, durante toda esta semana, as seguintes actividades.
     
    Mércores 27, ás 18.00 horas. Auditorio Municipal. Outono con Apego 
    Estas xornadas teñen como obxectivo achegarlles ás familias recursos que axuden a mellorar e enriquecer a lingua que falan na casa cos seus descendentes. Gloria Mosquera e Diego Maceiras, aprenderannos a transmitir o gusto pola música cun obradoiro de arrolos.
     
    Xoves 28, ás 20.30 horas. Auditorio Municipal. Chola a it girl
    Chola, mecánica de coches, blogueira e youtubeira galega, é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtubeiro. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.
    Enlace ás entradas.
     
    Venres 29, ás 20.00 horas. Teatro Principal. IV Ciclo Lírico de Ourense.
    Josep-Ramon Olivé é na actualidade un dos mozos barítonos españois con maior proxección internacional, afianzada polas súas colaboracións con orquestras como Les Arts Florissants e Hespérion XXI e o seu recente debut no Gran Teatre del Liceu e o Festival de Peralada.
     
    Domingo 1, ás 17.00 horas. Auditorio. Hansel e Gretel, o musical.
    A fermosa pero terrible versión dos Irmáns Grimm converteuse nun musical, que sen perder de vista a triste historia dos dous irmáns, está chea de humor e tenrura que se desprende da relación de Hansel e Gretel, a música, as cancións e as belas coreografías.
    Enlace ás entradas.
     
    Exposicións. Ademais, proseguen, até o mes de decembro, as seguintes exposicións: Fragmentos de existencia, de Francisco Ramos, e Inquietudes, de Fernando Prieto, no Museo Municipal; e Liña de Flotación, de Xavier Cuiñas, na Sala Valente. Pódense visitar en de martes a sábados de 11.00 13.30 horas e de 18.30 a 21.30 horas, e os domingos  de 11.00 13.30 horas.
     
    O Claustro de San Francisco e o Belén de Baltar son outros dos espazos culturais xestionados pola Concellería de Cultura abertos para a cidadanía.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica