CONTACTO

  • Outono con apego
  • Ciclo Lírico de Ourense
  • Audi nov
  • Solodos
  • Apego
  • MMOu
  • EdC
  • Brañas Folk abrirá mañá unha cuádrupla cita coa mellor música galega na programación do Magosto2019

    Ourense, 7 de novembro de 2019
     
    A formación ourensá Brañas Folk abrirá mañá, venres, 8 de novembro, ás 20.00 h na Praza Maior unha cuádrupla cita coa mellor música galega, organizada polo Concello dentro da programación do Magosto 2019.  O Concello aposta este ano por potenciar a festividade ampliando a súa programación de actividades co obxectivo de animar a cidadanía para participar na festa e converter Ourense nun referente cultural e lúdico. Así, durante 4 días, subirán ao escenario da praza, ademais do grupo ourensán, outros nomes de tanto prestixio como Susane Seivane, Leilía e Os de Abaixo.
     
    O fundador de Brañas Folk, Manuel Brañas, o concelleiro de Cultura, Mario González e o técnico Álex Hermida presentaron o concerto da formación ourensá, un proxecto musical creado en 2002 por Manuel Brañas despois da súa andadura coa famosa agrupación “Arco da Vella”, partícipe xunto aos grandes nomes da música galega do que foi a auxe da música folk en Galicia, aló polos anos oitenta. No concerto de mañá interpretarán temas do seu último traballo, no que ten un marcado protagonismo da cidade: Danza das Burgas, e avanzarán composicións do seu próximo disco. Entre eles, un que está dedicado precisamente ao Magosto: Trullada da castiñeira, que popularizara o Cuco de Vellle.
     
    Ante as previsións de chuvia para os próximos días, o Concello instalará unha carpa na Praza Maior que protexerá o público nos concertos, e outra no Parque do Barbaña para o Magosto do día 11. 
     
    Tras Brañas Folk, esta cita coa música galega continuará o sábado 9, coa actuación de Susana Seivane, unha das máis virtuosas gaiteiras do noso tempo, que despois de 8 anos de silencio discográfico, presentará o seu novo traballo FA, unha obra de introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal. O domingo, 10 subirá ao mesmo escenario Leilía agrupación formadas por 6 mulleres que se xuntan para recuperar a tradición oral galega, que celebran o seu trixésimo  aniversario. En Cantan elas botan a vista atrás e conectan as súas orixes coa actualidade. A cuádrupla cita rematará o luns, 11, con Os de Abaixo, grupo que xorde en 2010 co obxectivo de promover e animar festas tradicionais na contorna de Compostela, que ofrecerán unha escolma musical. Todos os concertos serán ás 20.00 h na Praza Maior.
     
    A programación dos Magostos completarase esta fin de semana coma a carpa do Espazo Galaico, en Bispo Cesáreo, a aposta gastronómica na Praza Maior –Sabores de Ourense-, e no Liceo –denominacións de orixe de Ourense– e, como non, o magosto organizado no Parque Barbaña para o luns día 11.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica