CONTACTO

  • Outono con apego
  • Ciclo Lírico de Ourense
  • Audi nov
  • Solodos
  • Apego
  • MMOu
  • EdC
  • O Concello de Ourense aposta por unha festa do Magosto sostible e responsable involucrando a cidadanía

    Ourense, 5 de novembro de 2019.-
     
    A Concellería de Medio Ambiente aposta por un Magosto de carácter sostible e responsable neste ano 2019. Para iso, desenvolverá unha novidosa campaña coa que busca involucrar os cidadáns de todas as idades a través de dúas accións moi concretas: a reciclaxe de vidro e a educación. O responsable da área, Jorge Pumar, lembrou que “o Magosto é a festa da identidade de Ourense”, dixo. “Queremos que a xente participe, que o pase ben, pero tamén que respecte os espazos comúns, pero o obxectivo desta campaña é chamar a atención sobre o lixo que deixamos no monte e, ao mesmo tempo, traballar cos nenos, o futuro de Ourense, na educación ambiental”.
     
    O Concello de Ourense quere dar un exemplo de civismo e de respecto pola natureza nesta festa, declarada de interese turístico de Galicia, e lanzar unha imaxe de cidade sustentable. Neste sentido, a campaña presentada hoxe en rolda de prensa establece dous obxectivos fundamentais a través dunha alianza cos entes referentes da reciclaxe de España, Ecovidrio, que fai unha forte aposta pola nosa cidade ao involucrarse de forma clara na campaña de Ecomagosto. 
     
    Así, este luns 11, Ecovidrio instalará no Magosto popular do parque do Barbaña dous iglús onde cada ourensán poderá cambiar tres botellas ou tarros por unha árbore, o castiñeiro, en horario de 16:30 a 19:30 horas. Con esta acción, “Ecovidrio pretende trasladar a mensaxe de sustentabilidade ambiental, tanto desde o punto de vista da reciclaxe do vidro como convidando a veciñanza a plantar árbores”, en palabras de Germán Fernández, xerente da asociación sen ánimo de lucro para Galicia e o norte de España.
     
    A segunda acción será o 12 de novembro, co obxectivo de chamar a atención sobre o impacto dos magostos no monte ourensán. Así, 300 nenos -dos centros de Salesianos e Maristas- percorrerán os arredores do Montealegre coa fin de limpar os restos dos efectos dos magostos. “Os nenos son o futuro da cidade de Ourense, é un investimento en educación ambiental para o futuro”, dixo Jorge Pumar, que anunciou ademais obradoiros de reciclaxe e de plantación de árbores no Botánico.
     
    Esta actividade recibiu o recoñecemento do programa Ecólatras, unha iniciativa nacional de fomento para a reciclaxe de residuos, e en particular do vidro, que fomenta accións comunitarias de reciclaxe. Pero non será a única política medio ambiental que ampare a campaña: contarase coa axuda de Ecovidrio; da campaña “Separa con xeito” da Xunta de Galicia e Ecoembes; coa participación da Campaña “Cada lata conta”, programa de educación ambiental financiado pola Unión Europea; e co apoio de Ecourense para os procesos de recollida selectiva. Ademais mención especial para Sustinea, entidade ambiental colaboradora da acción. 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica