CONTACTO

  • Outono con apego
  • Ciclo Lírico de Ourense
  • Audi nov
  • Solodos
  • Apego
  • MMOu
  • EdC
  • Nove procesións da Santa Compaña percorrerán mañá á noite as rúas da cidade para celebrar o Samaín 2019

    Ourense, 30 de outubro de 2019
    Nove procesións da Santa Compaña, cun total de 12 grupos participantes, percorrerán mañá, xoves, 31 de outubro, desde as 23.30 horas diferentes rutas pola cidade para celebrar o Samaín 2019. Os percorridos sairán desde a rúa do Paseo, rúa de Santo Domingo, Praza de San Cósmede, Praza das Mercedes, Padre Feijóo, Praza de Saco e Arce, Praza do Correxedor e o barrio da Carballeira, para avanzar cara á Praza Maior, onde se unirán todas as agrupacións participantes. Alí terá lugar á 01.00 h a actuación do grupo vasco Deabru Beltzak que representará o espectáculo de música, pirotecnia e efectos visuais “Os tambores de fogo”. Será o colofón a esta nova proposta que o Concello de Ourense inclúe para fortalecer a programación do Samaín 2019, buscando fomentar a participación de persoas de todas as idades nesta cita festiva. Tamén participará nas actividades a Escola Municipal de Teatro.
     
    Para a cativada, a programación deste ano dálles continuidade a actividades que durante os últimos anos veñen acadando unha grande participación. 
     
    Nenos e nenas poderán participar desde as 17.00 h en media ducia de actividades nas Prazas do centro histórico
     
    - Taller de baleirado de cabazas, na Praza Saco e Arce 
     
    - Microteatro na Praza da Imprenta, cun pequena representación teatral interactiva na que se lles dará a coñecer a orixe do Samaín (3 pases de 15 min).
     
    - Obradoiro Os bosques dos petróglifos, na Praza da Imprenta. Unha zona acoutada onde de maneira libre poderán participar en xogos de puntería, lóxica e de construcións, usando como materiais elementos da natureza propios da festividade do Samaín (landras, troncos, pedras, cabazas, madeira).
     
    - Obradoiro: Os artesáns do castro, na Praza da Imprenta. Un esppzo onde nenos e nenas deseñarán os seus amuletos para pasar unha boa noite de Samaín 
     
    - Obradoiro de maquillaxe e feridas, na Praza Manuel Sueiro.
     
    - Obradoiro de elaboración de chapas, na Praza Manuel Sueiro
     
    Ás 19.00 h será o Desfile de Cabazas, que sairá desde a Praza da Imprenta e avanzará polas rúas de Colón, Bispo Carrascosa e Praza Maior, para rematar con baile e festa nesta praza Uxía Lambona e a Banda Molona!!!
     
     
    Teatro no Auditorio
     
    A programación de actividades da Concellería de Cultura para mañá xoves inclúe tamén a representación teatral, ás 20.30 horas no Auditorio, da obra Bernarda, de Malasombra producións. Esta obra dramática está protagonizada polas actrices galegas Luísa Merelas (gañadora de 2 premios María Casares), Celia González e Esther Aja. Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. A dunha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir que educa as súas fillas como mellor sabe, aínda que elas non o vexan así. Este choque xeracional por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras,e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación.
     
    As entradas, desde 3 euros, están á venda en Ataquilla na sala de exposicións Afundación e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica