CONTACTO

  • Samain e magostos
  • Apego
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • As festas de Ourense contarán finalmente coa tirada de fogos artificiais: este sábado ás 0:30 horas

    Ourense, 28 de xuño de 2019.
     
    As festas de Ourense 2019 contarán finalmente con espectáculo de fogos artificiais. A empresa contratada para realizar a exhibición pirotécnica presentou esta mañá os permisos preceptivos que garanten a seguridade da realización desta actividade. Así o confirman os informes positivos de Garda Civil, Consellería de Industria e Subdelegación do Goberno. 

    A montaxe do espectáculo pirotécnico comezará o sábado ás 13:00 horas, e a cita celebrarase, tal e como estaba programado, ás 0:30horas, na madrugada do sábado ao domingo, na marxe dereita do río Miño entre as pontes Romana e do Milenio. A continuación, haberá actuación da orquestra Os Satélites, ás 1:00 horas, na rúa do Progreso, entre a Alameda e Bispo Cesáreo.

    O goberno municipal celebra que finalmente se poida levar a cabo un espectáculo que cada ano reúne a milleiros de persoas preservando sempre as condicións de seguridade que requiren. Así mesmo, agradece a implicación e o esforzo dos técnicos municipais para que finalmente se poida levar a cabo esta actividade.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica