CONTACTO

  • Xornadas Folclore
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • A rúa Progreso pechará ao tráfico na zona da Alameda este sábado e domingo desde as 17 horas pola actuación das orquestras das Festas de Ourense

    Ourense, 28 de xuño de 2019
     
    A programación das Festas de Ourense obrigará a pechar ao tráfico mañá, sábado, e pasado mañá, domingo, un tramo da rúa Progreso, entre a Alameda e a Praza Bispo Cesáreo, onde actuarán as orquestras previstas para os dous últimos días de celebracións. O corte de tráfico producirase ambos os dous días en torno ás 17:00 horas, para proceder á montaxe e á posterior celebración dos espectáculos que ofrecerán Os Satélites, na madrugada do sábado ao domingo (1,00h) e Gran Parada, o domingo ás 21,00h.
     
    O Concello de Ourense solicítalles aos condutores que desculpen as molestias e utilicen itinerarios alternativos nos seus desprazamentos. Así, quen conduza pola rúa Progreso procedente da zona do Posío deberán rodear a Alameda a través da rúa Tras Alameda para continuar ruta por Parada Justel ou Doutor Fleming, en función do seu destino. Quen conduza por Progreso no sentido contrario (Ponte Vella-Alameda), terán a posibilidade de desviarse polas rúas Ervedelo, Xoán XXIII, Concordia ou Reza.
     
    Tamén estes días, permanece pechada ao tráfico a rúa Pardo de Cela, onde se atopan instaladas as atraccións feirais das Festas de Ourense. 
     
     
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica