CONTACTO

  • Samain e magostos
  • Apego
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • O Concello reforza o servizo de autobuses para asistir aos concertos das festas na explanada de Expourense

    Ourense, xuño de 2019.-
     
    O Concello de Ourense reforzará as liñas de autobuses para facilitar a asistencia aos concertos organizados na explanada de Expourense durante as Festas de Ourense: Marea (xoves 27), Izal (venres 28) e Aitana (sábado 29). Así, a maiores das liñas 12 (Estación de Buses – Expourense, último servizo con saída ás 22:15 desde a Estación de Autobuses) e 16 (Vinteún - Pazo – Expourense, último servizo con saída ás 21:35 horas desde o Vinteún), habilitaranse outros servizos.
     
    Os días 27 e 28, haberá un servizo especial de baixada desde a explanada cos seguintes horarios: o xoves 27 (Marea), autobuses de baixada desde Expourense con saídas ás 00:40, 1:00, 1:20 e 1:40 horas; e o venres 28 (Izal), sairán ás 0:00, 0:40 e 1:20 horas. Para subir, estarán as liñas 12 e 16.
     
    O sábado 29 (Aitana), haberá servizo de ida e volta desde o Parque de San Lázaro. Sairán do Parque de San Lázaro buses cada 20 minutos desde as 19:00 horas até as 0:40 horas, o último. E desde o Expourense, tamén cada 20 minutos, desde as 19:20 horas até as 1:20 horas, o último.
    Ademais, por mor das Festas de Ourense e dos cortes de rúa, outros servizos de transporte sofren alteracións nos seus percorridos.
    Tren das Termas. En troques de saír da Praza Maior, esta semana o tren turístico sairá (nos seus horarios habituais de tempada alta) desde a Oficina de Turismo, nos xardíns de Padre Feijóo. A semana que vén regresará ao percorrido habitual.
     
    Concertos na Alameda. Todas as liñas afectadas polos cortes de rúa na Alameda, por mor dos concertos, verán modificadas as paradas. En dirección ao Parque San Lázaro, as paradas serán as seguintes: Xardín do Posío – Tras Alameda – Parada Justel – Progreso (parada provisional fronte ao Bispado) e Xoán XXIII. Así mesmo, unha vez que comecen os concertos da rúa do Progreso, as liñas afectadas realizarán os seus percorridos en dirección Parque San Lázaro pola rúa Peña Trevinca - Avenida da Habana e Parque de Sán Lazaro. No outro sentido (dirección Xardín do Posío), o percorrido será o que segue: Xoán XXIII – Ervedelo - Avda. de Portugal e Marcelo Macías. 
     
    Liñas 5 (Reza – Ceboliño). En dirección Ceboliño, o percorrido alternativo discorrerá polas rúas Faustino Santalices – Francisco de Moure – Praza do Couto (parada provisional) – Avda. Portugal - Marcelo Macías- Xardín do Posío- Alameda – Xoán XXIII e Parque de San Lázaro. O percorrido de volta non se modifica.
     
    6B (Estación de Autobuses – Couto – Residencia). En dirección Residencia o percorrido alternativo discorrerá polas rúas Faustino Santalices – Francisco de Moure – Praza do Couto (parada provisional) – Avda. Portugal - Marcelo Macías- Avda. Coruña – Residencia. O percorrido de volta non se modifica.
    21 (Residencia - Peliquín – 6º Instituto). En dirección Peliquín o percorrido alternativo discorrerá polas rúas Vila Real (parada provisional) – Ervedelo – Castro Can Seco – N.120 – Avenida da Ribeira Sacra –Porto Vello – rúa  Fernández García – Curros Enríquez e Parque San Lázaro. O percorrido de volta non se modifica.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica