CONTACTO

  • Xornadas Folclore
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • O concerto de La edad de oro del pop español, previsto para mañá luns, trasládase ao mércores 26 de xuño

    Ourense, 23 de xuño de 2019.
     
    O concerto previsto de La Edad de Oro del Pop Español, que inicialmente estaba programado para a noite de mañá, luns, trasládase ao mércores 26. Será no mesmo escenario, ás 23:45 horas.
     
    Este cambio de axenda prodúcese por motivos técnicos alleos á organización, e obrigan a modificar o horario do luns. Así, o concerto de María do Ceo, que inicialmente estaba para as 22:30 horas, adiántase 30 minutos: Ás 22:00 horas actuará a artista galego portuguesa, e ás 23:45 o grupo que repasará os mellores temas do pop español das décadas dos 80 e 90. 
     
    O resto da programación mantense segundo o previsto. Hoxe ás 21:00 horas, Furious Monkey House na praza Maior e, de seguido, subirá ao escenario Víctor Prieto. 
     
    Mañá, luns, teatro de rúa a cargo de Delirium ás 12:00 e ás 20:00 horas na Praza do Bispo Cesáreo (O que que queda por chover, unha fábula sobre o paso do tempo de dúas mulleres, un espectáculo dinámico e visual con trapecio, pirámide, corda, acrobalance e clown), e ás 20:30 horas, na Praza de San Martiño, concerto da ourensá Pauliña (Ourense).

    Programa completo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica