CONTACTO

  • Xornadas Folclore
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • A actriz ourensá Ledicia Sola será a encargada de dar o pregón das Festas de Ourense 2019

    Ourense, 18 de xuño de 2019.
     
    A actriz Ledicia Sola (Ourense, 1978) será a encargada de abrir, coa lectura do pregón, as Festas 2019. Será ás 22:00 horas desde o escenario instalado na Praza Maior, e xusto antes do concerto de Viva Suecia. 
     
    Ledicia é un dos rostros máis populares da pantalla: participou en máis dunha vintena de series da televisión estatal e autonómica -entre elas Vivir sin permiso, Amar es para siempre ou Gran Reserva ou El Comisario, entre outras.-, participou en numerosas producións cinematográficas -caso de Os Fenómenos de Alfonso Zarauza, pola que recibiu o Mestre Mateo á mellor actriz secundaria, A Esmorga, A través del espejo ou El patio de mi cárcel- e pode presumir de ser parte dunha longa lista de producións teatrais en escenarios de España, Italia e Grecia e conduciu innumerables actos e galas ao redor do país. [Máis info sobre Ledicia Sola.]
     
    O acceso á Praza Maior, como vén sendo habitual nos últimos anos, será restrinxido por motivos de seguridade, tanto para o pregón coma para o concerto dos murcianos Viva Suecia, desde as 22:30 horas. A banda de indie pop acumula tres álbums de estudo -o EP Viva Suecia (Clifford Records 2014), La fuerza mayor (Subterfuge 2016) e Otros principios fundamentales (Subterfuge 2017)- e caracterízase por un directo intenso e moi divertido.
    Ás 0:30 horas do sábado, haberá baile coa orquestra Grupo Assia, na rúa do Progreso fronte á Alameda.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica