CONTACTO

  • #FestasOurense
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • O Enclave de Cámara despide a súa sexta edición cun concerto no Principal a cargo do dúo formado pola pianista ourensá María Luz Rivera e Blanca Fernández, ao violín

    Ourense, 2 de xuño de 2019.
     
    O Enclave de Cámara despide a súa sexta edición cun concerto no Teatro Principal a cargo do Dúo Rivera, formado pola pianista ourensá María Luz Rivera e Blanca Fernández ao violín. As entradas para o concerto do xoves 6 ás 20:00 horas, á venda online en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do espectáculo. 
     
    Caracterizado polo seu labor de difusión da música de cámara española cunha especial atención ao repertorio contemporáneo, o dúo formado polas irmás María Luz e Raquel Rivera (Blanca Fernández actuará en substitución de Raquel Rivera) presenta en Ourense un programa no que fundirán obras de Anton Webern, John Cage, Enrique Granados, Joaquín Turina e Manuel de Falla. Ademais, por encargo do propio ciclo ourensán, estrearán a obra do galego Fernando Buíde del Real (1980-) “Canto Auriense”, quen tamén asistirá ao recital.
     
    Dende a presentación internacional do dúo en 2004, desenvolveron varios proxectos centrados na produción musical galega e española para piano e violín e na súa relación coa música europea. Reivindicando os compositores menos coñecidos, rescataron a súa obra dándolles difusión no contexto internacional.
    Con este concerto péchase unha temporada de recitais de cámara organizados dende outubro a xuño polo Enclave de Cámara na que, entre outros, pasaron por Ourense pianistas da talla de Javier Perianes ou Josep Colom, agrupacións de corda e piano coma Resonans ou o Trío Arriaga, músicos da Real Filarmonía de Galicia ou o violinista Daniel Röhn.
     
    O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de Galicia.
     
    María Luz Rivera / Bio. María Luz Rivera, piano, iniciou os seus estudos en Ourense para posteriormente trasladarse a Madrid e estudar con Matilde Urtiaga e rematar a carreira no Real Conservatorio Superior de Música, na cátedra do profesor Guillermo González. Ampliou a súa formación con distintos mestres como Alicia de Larrocha, Gyorgi Sandor, K.H. Mrongrovius, J. Achúcarro… e obtivo galardóns como o Primeiro Premio “Xoves Intérpretes” de Galicia. Destaca como concertista en grupos de música de cámara ou como solista, especializándose en música española e percorrendo distintos auditorios de América Latina, Alemaña (Weimar, Casa de Beethoven en Bonn, Hochschule für Musik de Colonia), Kuwait, Italia ou Estados Unidos. É profesora no Conservatorio Profesional de Música de Madrid.
     
    Blanca Fernázdez / Bio. Blanca Fernández González (en substitución de Raquel Rivera) é unha excelente violinista madrileña que, tras obter a máxima cualificación na Guildhall School of Music & Drama e o seu paso pola Royal Academy of Music de Londres en 2015 co profesor Maurice Hasson, é premiada co “Santander UK Universities Award”. Ofrece concertos coma solista con diversas agrupacións como a orquestra “Andrés Segovia” ou a “Orquesta Iuventas” e colabora, entre outras, coa London Symphony Orchestra. Como música de cámara ten xirado polos principais festivais e salas europeas e é membro do Trío Mosaicos e colaboradora do ensemble “Sonido Extremo”. Actualmente compaxina a súa actividade concertística coa docencia no Conservatorio da Comunidade de Madrid e na Escola Superior de Música de Extremadura. Dende 2016 é directora artística do Festival Luigi Boccherini, de Arenas de San Pedro
     
    I PARTE
    Anton Webern (1883-1945) | Vier Stücke Op7 (5′)
    John Cage (1912-1992) | Nocturne (5′)
    Joaquín Turina (1882-1949) | Sonata para Violín e Piano Nº 2 Op. 82 (15′)
    Lento | Vivo | Adagio
     
    II PARTE
    Enrique Granados (1867-1916) | Sonata (8′)
    Fernando Buíde del Real (1980-) | Canto Auriense (5′)
    (Estrea absoluta obra encargo do Enclave de Cámara)
    Manuel de Falla (1876-1946) | Suite popular española (9′)
    El paño moruno | Nana | Polo | Jota
     
    Máis info: Web Dúo Rivera | Vídeo | www.enclavedecamara.com, facebook, twitter e instagram.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica