CONTACTO

  • Sarabela
  • Samain e magostos
  • Apego
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • O Concello aproba as bases e a convocatoria do concurso para o deseño do cartel das Festas de Ourense 2019, que terá un premio de 1.000 euros

    Ourense, 30 de maio de 2019
     
    O Concello de Ourense aprobou as bases e a convocatoria do concurso para o deseño do cartel das Festas de Ourense 2019, que terá un premio de 1.000 euros para o gañador. “As obras deberán ser inéditas e orixinais, e non poden ter sido premiadas anteriormente nin atoparse pendentes da resolución do xurado noutros concursos”, explicou o alcalde de Ourense en funcións, Jesús Vázquez, durante a rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. 
     
    As bases e o modelo para a declaración responsable estarán publicadas na web do Concello e na páxina web da Concellería de Cultura. O prazo límite para a presentación será o venres 7 de xuño. Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, no que figurará “Concurso Carteis Festas 2019”, baixo un pseudónimo ou lema. 

    Enlace ás bases.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica