CONTACTO

  • Audi mai2
  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • Axenda Cultural para esta semana no Auditorio de Ourense

    Ourense, 21 de abril de 2019.
     
    O Auditorio de Ourense programa esta semana tres actividades tan dispares como atraentes: danza, música coral a cargo das futuras xeracións de músicos, e un que leva décadas no máis alto, Pablo Milanés. As entradas para o espectáculo de danza de Daniel Abreu e para o concerto do cantautor cubano pódense adquirir en ataquilla.com ou dúas horas antes da función na billeteira do Auditorio; a gala final de Ourencanto é gratuíta até completar aforo.
     
    Xoves 25 de abril, 20:30 horas. LA DESNUDEZ, de Daniel Abreu 
     
    Danza, público adulto. Duración: 60 min. Entradas 5€.
    Unha proposta poética sobre o saber quererse. Dúas figuras en escena, apuntando unha idea de polaridade e de viaxe desde a morte ao amor. A nudez responde a ese lugar de intimidade, onde xa non existen as preguntas. A beleza na nudez, ás veces o sublime dunha man que toca e intercambia calor e suor, e ás veces o mal querer. Podería lerse a obra de atrás cara adiante, onde aparece a viaxe e o sentido dunha unión sentimental. A obra vai do negro ao branco, dun espazo cuberto a un espazo aberto.
     
    Sábado 26 de abril, 21:00 horas. PABLO MILANÉS – Esencia 2019
     
    Todos os públicos. Entradas a partir de 45€
    Pablo Milanés, un dos principais expoñentes da canción de autor en español, recala en Ourense coa xira “Esencia”, coa que percorre escenarios de América e Europa. Nesta xira Pablo retomará temas esenciais na súa obra, clásicos reclamados sempre polo seu público –Para vivir, Ya ves, Yolanda, Si ella me falta alguna vez ou El breve espacio en que no está, e outros...– xunto con temas máis recentes que revelan a constante capacidade de crear deste artista en máis de cinco décadas de carreira.
     
    A súa versatilidade musical e a influencia da tradición cubana e americana convertérono nun artista capaz de expresarse en diversos xéneros: o bolero, o jazz, a rumba, o son, e a súa trova. Coa súa esencial condición de cantor segue cantando ao amor como sentimento primordial e temas de contido social, asuntos sempre presentes nos seus textos e que Pablo Milanés presentará nun formato máis íntimo pero non menos sorprendente.
     
    Domingo 28 de abril, 19:00 horas- Clausura III Festival Ourencanto 
     
    Todos os públicos. Acceso de balde até completar aforo. +Info.
    Ourencanto é un proxecto pioneiro en Galicia. Naceu fai xa tres anos, grazas ao apoio do Concello, da Deputación de Ourense e da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, co obxecto de fomentar e difundir o canto coral entre os nenos e os mozos de 8 a 18 anos de Ourense e da súa provincia. A primeira edición tivo lugar en febreiro de 2017 e superou todas as 
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica