CONTACTO

  • Audi mai2
  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • O Concello de Ourense apraza o Enterro da Sardiña ata o sábado ás 20:00 horas, ante as previsións de choiva

    Ourense, 6 de marzo de 2019
     
    O Enterro da Sardiña será este sábado, 9 de marzo, ás 20:00 horas. 
    Co obxectivo de garantir a seguridade e o correcto desenvolvemento deste acto e ante as previsións de intensas choivas en torno ás 20:00 horas, cando estaba previsto o seu inicio, o Concello de Ourense trasladou o último acto das Festas do Entroido para a fin de semana.
     
    Así, a concentración do cortexo fúnebre que acompañará a Sardiña ao longo do percorrido terá lugar o sábado, 9 de marzo, a partir das 20:00 horas.
    A procesión manterá a mesma ruta que estaba prevista para hoxe. Sairá da Praza Maior, e atravesará Lamas Carvajal, a rúa do Paseo, Santo Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, a Praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e rematará na Praza Maior coa queima da Sardiña.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica