CONTACTO

  • Audi mai2
  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • Lembrando momentos, a nova antoloxía pictórica de Antón Barros, no Auditorio Municipal até o 25 de marzo

    Ourense, 25 de febreiro de 2019.
     
    O Auditorio de Ourense acollerá, até o vindeiro 25 de marzo, a nova colección de cadros do ourensán (de Punxín) Antón Barros. Lembrando momentos é unha colección traballada entre os anos 2016 e 2017, recuperando escenas naturais que foron creados sobre diferentes temáticas, ben imaxinadas ou que lle chamaron a atención no momento da xestación artística. Á presentación acudiron a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e a responsable de Espazos expositivos do Concello de Ourense, Eva Torres.
     
    Lembrando momentos é unha colección de lenzos de medio formato (50x60 na súa maioría) que, como el mesmo afirma, “está inspirada na vida cotiá”. Neste sentido, son numerosas as referencias á cidade, tanto literal como figuradamente a través de moitos dos seus personaxes.
     
    Antón Barros é unha persoa ligada intimamente ao debuxo: tanto na vida profesional -é debuxante técnico- coma na artística: Desde o 2012 adícase plenamente ao óleo, e xa expuxo a súa obra en diferentes lugares da provincia de Ourense.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica