CONTACTO

  • Audi mai2
  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso recibe o selo de calidade europeo 2019-2020

    Ourense, 22 de febreiro de 2019.
     
    O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, que celebra a súa décimo segunda edición do 15 ao 24 de marzo, acaba de recibir o Selo de Calidade Europeo EFFE Label 2019-2020. Así llelo fixo saber, este xoves 21, a secretaria xeral da European Festivals Association (EFA), Kathrin Deventer, aos responsables do Pórtico do Paraíso en nome do xurado internacional de EFFE (Europe For Festivals, Festivals For Europe).
     
    O EFFE Label é o Selo de Calidade Europeo que se lles concede a aqueles festivais que amosan o seu compromiso no campo das artes, da participación comunitaria e da apertura internacional, e é unha iniciativa da Asociación de Festivais Europeos (EFA) apoiada por la Comisión Europea e polo Parlamento Europeo. 
     
    O festival ourensán presentara a candidatura para optar a este selo de  calidade a finais de xaneiro, apoiándose nos informes elaborados pola coordinadora do festival e do seu director artístico, que recollían un resumo da súa traxectoria, datos de asistencia, grupos participantes nas once edicións celebradas e facendo especial fincapé no alto valor patrimonial dos lugares seleccionados ano tras ano para celebrar os concertos.
     
    A misión da Asociación de Festivais Europeos (EFA) é unir e representar os festivais membros en toda Europa e no mundo contribuíndo á vida artística de Europa. Actúa como a plataforma máis importante para os festivais de todas as disciplinas artísticas. Ao apoiar e posibilitar a creación artística, a produción e a participación, a EFA e os seus membros garanten que o dereito de acceso á cultura se faga realidade para todos os cidadáns. 
     
    A Asemblea Anual da EFA terá lugar os días 15 e 16 de abril en Lisboa, acto ao que o festival Pórtico do Paraíso foi convidado pola dirección deste organismo europeo logo de lle outorgar esta importante distinción.
     
    O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, organizado polo  Concello e co organizado pola Deputación, entra agora na carreira para optar aos EFFE Awards que un xurado internacional outorgará en setembro de 2019.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica