CONTACTO

  • Xornadas Folclore
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • Música, teatro e moito humor, na axenda cultural da semana

    Ourense, 4 de xaneiro de 2019.
     
    O Gerhard Quartet inicia, no ciclo de música Enclave de Cámara, unha intensa semana cultural na nosa cidade. A cita será este mércores 6 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Principal -con entradas entre 5€ e 8€-, e poderemos escoitar pezas de Mozart, Robert Gerhard ou Brahms interpretada por un dos grupos con maior proxección do país. 
     
    Este cuarteto de corda catalán, considerado un dos de maior proxección do país, actuou nos últimos anos en festivais como a Schubertíada de Vilabertrán ou o Festival de Música e Danza de Granada. En Würzburg (Alemaña) participaron no MozartFest, en Cortina de Ampezzo (Italia) no Festival Dino Ciani e en Ais de Provença (Francia) na “Nuit de la Création” entre moitos outros ciclos. Na actualidade son grupo residente no Palau da Música. 
    Máis información, en enclavedecamara.com
     
    Malo Será!
    Xoves 7 de febreiro, 20:30 horas. Auditorio. Entradas desde 10 euros. 
    Un programa de humor gravado nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Malo será! quere facernos rir cunha sucesión de sketches sobre temas universais mesturados con chiscadelas ás distintas localidades onde actúa, e protagonizados por un elenco de actores e actrices galegas recoñecidos polas súas actuacións en programas televisivos e conducidos por Marta Doviro. 
    Unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía completan os argumentos dunha oportunidade única para achegar a televisión e o humor.
     
    LUZ CASAL: 'Que corra el aire'
    Venres 8 de febreiro, 20:30 horas. Auditorio. Entradas desde 44 euros.
    Luz Casal presenta o seu novo álbum, Que corra el aire, dez novas cancións e unha pequena homenaxe no primeiro disco gravado e mesturado integramente no noso país, producido por Ricky Falkner. Un disco que, como a propia artista di, “entronca co que algúns consideran o meu pasado e que para min é o meu presente”.
    Ademais de presentar as súas novas cancións, fará un repaso polos seus grandes éxitos. Un espectáculo que vai satisfacer os seus seguidores máis fieis e sorprenderá a todos aqueles que aman a boa música.
     
    PATAPATÚM, de Elefante Elegante
    Domingo 10, 12:00 horas. Auditorio. 3 a 8 anos. Entradas, 3 euros. 
    Unha montaña de agasallos sobre o escenario: Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Os máis pequenos non dan feito entre tanto xoguete. E os adultos, atados pola espiral do tempo, non son quen de facer un oco na súa axenda para compartilos. 
    Patapatúm é a reflexión do Elefante Elegante sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Un espectáculo de teatro visual, sen palabras, para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada na música dixie, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá.
     
    Máis información sobre este e outros eventos, en ourensecultura.com

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica