CONTACTO

  • #FestasOurense
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • O Auditorio ofrece, esta fin de semana, monicreques para as crianzas e un recital ao piano do ourensán Emilio Cid

    Ourense, 10 de xaneiro de 2019.
     
    Monicreques, monólogos e música de piano. É a oferta do Auditorio Municipal de Ourense para esta fin de semana. 
     
    'Musicreques, contacontos musical' é un espectáculo de monicreques con música en directo. A narración oral acompáñase de rimas, cantos e soportes visuais para que os nenos e nenas participen da maxia dos contos. Estes son orixinas, escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán. Entre outras cantigas non faltarán Cada cousa no seu lugar, O caracol viaxeiro, Xoguemos a adiviñar, Pío e Pía ou A galiña Carmiña. 
     
    Recomendado para crianzas de 0 a 4 anos no marco do programa Apego. Haberá dúas funcións, ás 18:00 e ás 19:00 horas, e as entradas teñen un custe de 3€ anticipada (ataquilla.com) e na billeteira desde dúas horas antes da función. Crianzas, gratis.
     
    Monólogos. Mañá venres, desde as 21:00 horas, a sala principal acolle o 20º aniversario dos Monólogos-R e celebra a efeméride cun espectáculo a cargo de David Amor e Oswaldo Digón. Os monólogos contan co traballo de Touriñán. As entradas están reservadas para clientes da operadora de telecomunicacións R. As entradas resérvanse na web por orde de petición.
     
    Concerto de piano. Emilio Álvarez Cid, formado no Conservatorio Profesional de Ourense e no Superior de Música de Madrid, traballa actualmente como docente do CMUS Profesional de Vigo. Ten actuado en diferentes ciclos de concertos en Madrid, Illas Baleares, ou Londres. 
     
    O seu concerto, con entrada de balde até completar aforo, percorrerá os grandes mestres, caso de Schubert e Liszt, Beethoven ou Mendelssohn. 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica