CONTACTO

  • #FestasOurense
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • Ourense premia os seus mellores beléns de Nadal

    Ourense, decembro de 2018.
     
    O XXIII Concurso de Beléns Públicos do Concello de Ourense xa coñece os gañadores dos mellores nacementos expostos ao público na cidade durante as datas de Nadal en tres modalidades: entidades, familiares e escolares. O xurado valorou os materiais empregados e os efectos de luz, auga e outras creacións, tendo en conta o seu valor artístico, histórico e relixioso, e repartiu os 2.000 euros en premios da seguinte maneira:
     
    Na categoría de Entidades, aberta a asociacións sen ánimo de lucro e establecementos comerciais debidamente acreditados, os premios foron: primeiro premio de 400 euros, para a Residencia Nosa Señora da Esperanza; e un segundo de 300 euros para a parroquia dos Padres Franciscanos. 
     
    Na categoría Familiares, para os mellores beléns instalados en domicilios particulares: primeiro premio para a familia Vázquez Barreiro, 300 euros, e segundo para a familia Torres Santiesteban, 200 euros.
     
    Na categoría Escolar, para alumnos e alumnas de ensino non universitario: primeiro premio para Colexio Franciscanas, 300 euros, o segundo para o Colexio Cisneros, 200 euros. 
     
    O premio especial de 300 euros á creatividade e singularidade nos materiais e no deseño xeral da montaxe do Belén, foi para a Residencia Santa Cruz, grazas á montaxe de María Cristina Fernández.
     
    Os beléns deben estar á vista ou abertos ao público en escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc. En lugares como en centros de ensino, residencias ou casas particulares, a apertura ao público foi de dúas horas ao día, como mínimo, dentro do horario comercial, e sinalizados cun cartel no exterior do edificio. 

    Enlace ao listado completo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica