CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

    O Concello de Ourense quere demostrar o seu compromiso co idioma propio e oficial prestándolle atención especial ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e poñendo en marcha programas dirixidos á poboación para conseguir a implicación de todos os colectivos neste proceso.

    O Concello de Ourense conta cunha Ordenanza reguladora do uso da lingua (BOP 26-09-1998) e conta cun Servizo de normalización lingüística, ininterrompido desde o ano 2007, encargado de planificar, xestionar, executar e avaliar as accións e medidas encamiñadas ao incremento do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esa Ordenanza.

    A Administración municipal pon a disposición de todos os veciños o Servizo de Normalización Lingüística, que ten como obxectivos principais incrementar o uso social da lingua, contribuír á completa galeguización da administración local e mellorar a calidade das producións lingüísticas.

    Ordenanza reguladora do uso da lingua galega

    Descrición, funcións e localización do SNL

    O SNL é un servizo do Concello de Ourense que nace coa idea de ser un elemento dinamizador do uso do galego tanto dentro como fóra do Concello. Os seus obxectivos principais son incrementar o uso social da lingua, contribuír á completa galeguización da administración local e mellorar a calidade das producións lingüísticas.

    O SNL está no Auditorio Municipal e pódese dirixir a el persoalmente, por teléfono ou por correo electrónico.

    Auditorio Municipal

    Rúa da Canle, 2

    32004 Ourense

    Tfno. 988 391 290

    normalizacionlinguistica@ourense.es


    ASESORAMENTO

    Tamén é función básica do SNL facer progresar a lingua, incrementar o seu uso e prestixio e mellorar a calidade da comunicación.

    • Asesoramento ao persoal municipal, asociacións, empresas, etc., para mellorar a calidade lingüística e comunicativa a través de resolución de dúbidas, revisión de textos, etc.

    • Difusión de materiais e recursos lingüísticos para apoiar o uso do galego: correctores, léxicos, dicionarios, etc.

    • Recursos lingüísticos. 

    • Asesoramento lingüístico para todos os veciños

    • Corrección de textos

    • Tradución de textos breves

    • Asesoramento sobre dereitos lingüísticos

    Algúns recursos lingüísticos que che poden ser de axuda:


    FORMACIÓN

    O proceso de normalización require intervencións formativas, tanto lingüísticas como sociolingüísticas. A través delas ensínalles galego ás persoas que non o coñecen e amplíanse entre a cidadanía diversos coñecementos. Estes xiran arredor da lingua, os dereitos lingüísticos, lexislación, accións normalizadoras, proxectos para a recuperación do galego, etc.

    • Difusión de materiais que contribúen ao coñecemento da lingua, dos dereitos lingüísticos, da lexislación, dos recursos que axudan ao traballo en galego, etc.

    • Información e xestión da realización de cursos de lingua galega para a poboación en xeral, nomeadamente dos cursos preparatorios para as probas Celga.

    • Colaboración no deseño de programas de formación xerais para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora das actitudes lingüísticas.

    Enlaces de interese:

    Cursos CELGA: Información completa sobre convocatorias, materiais para autoformación, validacións, etc.


    DINAMIZACIÓN

     

    • Promover actuacións encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía en todos os ámbitos.

    • Información sobre liñas de axuda dirixidas á rede asociativa, educativa e empresarial para normalizar o uso do galego

    • Recoller e apoiar todas as iniciativas que xurdan no Concello e que teñan como obxectivo fomentar o uso do galego.

     

    Proxecto Apego

    Proxecto youtubeiro@s

    Coordinadora Auria de equipos pola normalización lingüística

    http://correlingua.gal/

     


     


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica