CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Aprobado o Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura

    Máis de medio millón de euros para actividades culturais na cidade     

    O Concello de Ourense vén de presentar o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Cultura para os vindeiros dous anos. En total, 534.400 euros destinados tanto á realización de actividades, ao tecido cultural de base e ás empresas culturais. “Máis de medio millón de euros, en definitiva, para apoiar e potenciar as manifestacións, iniciativas e actividades culturais e festivas que contribúen a dinamizar a cidade e a poñer en valor o patrimonio inmaterial de Ourense”,  sinalaba o alcalde, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno desta mañá. A novidade do plan estratéxico é unha liña de axudas de 100.000 euros anuais para empresas que organicen e poñan en marcha festivais, ciclos ou mostras relacionadas coas artes escénicas ou musicais e que contribúan a dinamizar a vida cultural da cidade.

    As partidas, con carácter anual -durante os dous vindeiros anos-, repártense en tres grandes bloques:

    Subvencións en réxime de concorrencia competitiva (210.000 euros anuais) repartidos para asociacións e entidades sen fin de lucro (60.000 euros); Comisións de festas e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido festivo (50.000 euros), “unha liña de axudas específicas posta en marcha por este goberno municipal”; e, como novidade, unha partida para a realización de festivais, ciclos ou mostras relacionadas coas artes escénicas ou musicais(100.000 euros) “coa fin de contribuír a dinamizar o sector e potenciar aos creadores e artistas locais”, en palabras do rexedor.

    Convenios con entidades de utilidade pública que desenvolven actividades continuadas no eido cultural e contribúen a dinamizar a oferta da cidade: Liceo, Ateneo, Coral de Ruada e Cineclube Padre Feijóo, con 6.000 euros cada un (24.000 euros anuais).

    Premios (33.200 euros anuais), que serían para os concursos de deseño dos carteis do ciclo festivo (Entroido, Maios, festas de Ourense, Samaín e Magosto); premio Risco de creación Literaria; premio de Poesía Cidade de Ourense; concurso de comparsas e carrozas do Entroido; concurso de Maios e Coplas; concurso de disfraces Entroido de Verán; concurso de Beléns; e outros premios (Pintura rápida, Maratón Fotográfico e Ouff Escola)

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica