CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • A Batalla de Flores, o sábado ás 20:00 horas, obriga a cortar a rúa Progreso entre 19:00 e 22:00 horas

    Ourense, xuño de 2018.
     
    A Batalla de Flores, que se celebra este sábado ás 20:00 horas, obriga a pechar a rúa do Progreso ao tráfico rodado desde as 19:00 até as 22:00 horas. As carrozas, que sairán da rúa Baixo Alameda cara ao Progreso, realizará un percorrido circular entre a glorieta de San Rosendo (no cruzamento con Xoán XXIII) e a Praza de Concepción Arenal.
     
    Este peche súmase ao provocado polas orquestras emprazadas na mesma rúa, á altura da Alameda, desde as 18:30 horas, así coma ao da Avenida Pardo de Cela, por mor das atraccións infantís. A Policía Local realizará labores de desvío de tráfico e de información entre os condutores. 
     
    O Concello de Ourense, pola súa parte, prégalle comprensión á cidadanía e desculpas aos veciños e condutores afectados por esta actividade.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica