CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • Un tramo de Progreso pecharase ao tráfico desde pasado mañá pola tarde e á noite para acoller os concertos das orquestras das Festas de Ourense

    Ourense, xuño de 2018
     
    A rúa do Progreso, no tramo comprendido entre Parada Justel e rúa Baixos da Alameda acollerá desde pasado mañá, xoves, 28 de xuño as actuacións das orquestras programadas para as Festas de Ourense 2018. Por este motivo, será preciso realizar cortes de tráfico deste tramo da rúa cada día pola tarde e até o remate dos concertos.
     
    Como consecuencia, os vehículos que se acheguen á zona deberán utilizar itinerarios alternativos. Quen circule por Progreso procedente do Xardín do Posío en sentido á Alameda deberase desviar pola rúa Baixos da Alameda (a que está entre o edificio histórico da Praza de Abastos e a Alameda), e acceder a Progreso a través de Parada Justel. Cando comecen os concertos, pecharase tamén ao tráfico esta última rúa, polo que os vehículos deberán continuar por Doutor Fleming. Quen circule en sentido contrario, deberase desviar a través da rúa Reza ou, previamente, nas proximidades da glorieta de San Rosendo, a través de Concordia ou Ervedelo.
     
    O corte de tráfico producirase o xoves desde as 19h con motivo da actuación ás 01.00h: de Combo Dominicano. O venres, á mesma hora, pola actuación, desde  ás 01.00h da orquestra Panorama. O sábado, tamén ás 19h pola actuación, desde as 01.00h de Olympus. Finalmente, o domingo, o corte de tráfico será desde as 14horas, pola actuación, ás 21.00h, de París de Noia,
     
    O Concello de Ourense solicita desculpas ás persoas condutoras de vehículos que resulten afectadas polas incomodidades que lles ocasionen estes cortes de tráfico, que se deben á necesidade de dispoñer dun lugar axeitado para o desfrute por parte de veciños e veciñas dos concertos das orquestras, que cada ano é unha das actividades máis participativas das nosas festas maiores. 
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica