- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A Avenida Pardo de Cela, cortada ao tráfico desde o venres 22 até o 1 de xullo polas festas de Ourense

Ourense, 21 de xuño de 2018.
A avenida Pardo de Cela permanecerá pechada, desde as 22:00 horas de mañá, venres 22 de xuño, até o domingo 1 de xullo para a instalación das atraccións para a cativada.
Desde o Concello de Ourense recoméndase empregar itinerarios alternativos para a entrada e saída da cidade e prégase comprensión por parte dos usuarios.