CONTACTO

  • #FestasOurense
  • Enofest
  • Premio poesía
  • festas
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • A exposición Colpo di Fulmine continúa o seu camiño, desta vez no Museo Municipal ata o mes de setembro

    Ourense, 14 dexuño de 2018.
     
    O artista ourensán Pablo Otero presenta, esta tarde ás 20:00 horas no Museo Municipal, a segunda parte da súa exposición Colpo di Fulmine, a continuación da obra exposta na sala Valente desde o mes de maio. Nesta segunda parte, o artista expón pezas de menor formato, pero atravesadas por un denominador común: a procura da verdade a través da luz. 
     
    Así, o artista plástico concibe a súa obra coma un proceso de tránsito, de metamorfose, partindo da inocencia ata chegar á abstracción. Un camiño no que transita a través da historia da Arte, como fonte de inspiración, pero que só se albisca a través da luz da revelación, pero sen caer na tentación das certezas. 
    En total, máis dun cento de obras montadas sobre 40 soportes artísticos diferentes (pintura sobre tea, instalacións con ladrillos, mesas, collages, etc.) que se unen, tal e como fixera na fachada do edificio do Banco de España, á intervención artística sobre a fachada do Museo Municipal.
     
    O acto de inauguración será ás 20:00 horas coa presenza da concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica