CONTACTO

  • #FestasOurense
  • Enofest
  • Premio poesía
  • festas
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • O Parque Botánico de Montealegre acollerá un espectáculo novidoso e inédito de danza contemporánea os días 1, 2 e 3 de xuño

    Ourense, maio de 2018.
     
    O Parque Botánico de Montealegre acollerá os días 1, 2 e 3 de xuño, ás 19,00 horas, a representación da obra de danza contemporánea “Corps Sonore”. Trátase dunha iniciativa da compañía SóLODOS en coprodución co Centro Coreográfico Galego, que conta coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais, Agadic, e do Concello de Ourense.
     
    O alcalde Jesús Vázquez salientou durante a presentación desta actividade que se trata dunha “experiencia artística inédita, fusión de danza e de natureza nun espazo único da cidade”  e invitou a todos os ourensáns “que se acheguen a danza como unha forma de expresión e de Arte única que reivindica o seu espazo”.
     
    “Imos respirar arte polos catro costados con artistas que farán realidade aquela cita da bailarina e coreógrafa estadounidense Agnes de Mille que aseguraba que “as expresións máis auténticas da xente están no seu baile a na súa música, porque o corpo nunca mente”, dixo o rexedor.
     
    O alcalde invitou aos ourensáns a acudir os días 1, 2 e 3 de xuño ao Parque Botánico de Montealegre “que nos últimos meses viviu un incremento de visitantes e é un espazo que debe ser coñecido por toda a cidadanía porque é o mellor balcón da cidade”.
     
    A presentación contou coa presencia do director da Agadic, Jacobo Sutil, e dos responsables da compañía artística Erick Jiménez (dirección artística) e Maruxa Salas (coreografía).
     
    Os responsables da actividade animaron aos cidadáns a “acudir con calzado deportivo” a Montealegre porque “a actividade percorrerá durante hora e media distintos puntos do Parque”.
     
    Pola súa banda o director do Agadic, Jacobo Sutil, salientou a “especial colaboración do Concello de Ourense á hora de impulsar actividades culturais que teñen que ver coa danza”.
     
     
    O espectáculo Corps Sonore
     
    Corps Sonore é o primeiro dos tres proxectos seleccionados para coprodución co Centro Coreográfico Galego en ser estreado, os días 1, 2 e 3 de xuño ás 19 horas no Parque Botánico Montealegre.
     
    Corps Sonore preséntase como un itinerario no Parque Botánico Montealegre de Ourense definido por intervencións de danza de Erick Jiménez, esculturas sonoras de Will Menter, accións de Jane Norbury e música de François Merville no espazo e na paisaxe ao longo do itinerario proposto para transitar. Todas as intervencións están creadas in situ e o seu marco natural forma parte do espectáculo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica